O número de enfermos por coronavirus que permanecen nas UCI dos hospitais reduciuse nas últimas 24 horas ao pasar de cinco onte a só tres este sábado. Mentres, un novo falecido elevou o total a 616 tras tres xornadas consecutivas sen alteracións. Unha muller de 82 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña ( Chuac). Así o confirmou a Consellería de Sanidade por medio do seu balance estatístico diario, no que desagregou a distribución por áreas sanitarias da seguinte forma: 170 concéntranse na área da Coruña, 44 na de Lugo, 82 na de Ourense, 29 na de Pontevedra, 269 na de Vigo, 136 na de Santiago e 19 na de Ferrol. Ademais dos tres pacientes en UCI, outros 36 atópanse en unidades de hospitalización e o resto, 710, permanecen nos seus domicilios. Ata 9.936 curáronse desde que irrompeu a crise e o total de PCRs realizadas é xa de 141.331. O cómputo global dos contagios baixo tratamento tamén baixou: onte eran 773 e hoxe 749.
Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexístranse hoxe 29 casos. Un menos ca onte.
Nesta área segue sen haber ningún hospitalizado e todos os pacientes evolucionan nos seus domicilios.
Dende o inicio do plan de continxencia superaron o Covid-19 un total de 857 persoas. Catro máis ca onte. E faleceron 16 persoas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.