Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2020

REPUNTA A CIFRA DE ENFERMOS EN GALICIA

Os casos activos segundo o último balance publicado pola Consellería de Sanidade son 31 máis, polo que se perden as baixadas dos últimos días. Os casos activos non subían desde o 28 de abril. Así, en Galicia hai 2.758 que seguen enfermas de coronavirus. O Ministerio de Sanidade conta, por outra banda, que onte se confirmaron por PCR 32 novos casos. A ocupación en UCI baixa de 26 a 24 pacientes, mentres que se produciron 87 altas máis. Chegan ás 7.225. Lamentablemente, 591 perderon a vida.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que por áreas son 650  da área da Coruña, 166 da de Lugo, 426 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 754 da área de Vigo, 500 da de Santiago, e 115 da de Ferrol.


O falecemento dunha muller de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol elevou o número de vítimas con COVID-19 en Galicia a 592, (460 en atención hospitalaria e 132 no interior de residencias de maiores), segundo os datos trasladados este sábado pola Consellería de Sanidade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.