A Delegación do Goberno, tras elevar a consulta á Avogacía do Estado, indica que se entende, (de acordo co ordenamento xurídico actual, e sen prexuízo de que vaia evolucionando de conformidade coa normativa que se aprobe en desenvolvemento do Plan de transición cara a unha nova normalidade aprobado polo Goberno de España), como autorizada a actividade dos mercadillos nos que se vendan alimentos, bebidas ou produtos de primeira necesidade, con observación das restricións sobre permanencia, distancia de seguridade e prohibición de consumo de produtos no lugar.
A Avogacía do Estado afirma que as restricións á actividade dos mercadillos fúndanse nas limitacións que establece o artigo 10 do RD 463/2020 para o comercio polo miúdo, parece lóxico que a este tipo de comercio aplíquenselle tamén as mesmas excepcións que aos demais “locais e establecementos comerciantes polo miúdo”. Por tanto, de acordo co artigo 10 do RD 463/2020, a apertura ao público dos mercadillos estaría suspendida “fóra de os… de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade”.
Ademais os mercadillos foron prohibidos pola propia Xunta de Galicia ata o pasado día 31 de marzo e con data do catro de maio douse a coñecer unha resolución da Consellería de Agricultura, no que fai un levantamento de tal limitación, polo que a Avogacía do Estado entende que non entraña vulneración da normativa reguladora do estado de alarma porque se axusta ao previsto no artigo 10 do RD 463/2020.
Finalmente o mercadillo de Cambados non operará o vindeiro mércores pola oposición dos autónomos e as presións do PP.
Nun escrito "firmado" por varios ambulantes mostran as discrepancias co goberno local e dinse apoiados polos veciños das rúas afectadas. Aducen un problema cos garaxes, na parte inicial onde iría parte do mercadillo na rúa Nova so hai dous, problemas de espacio, cando son so unha ducia os postos que se instalarían.
Nese escrito tamén manifestan que si o cambio é para aforrar as tasas que o Concello ten que pagar a Portos de Galicia, algo que lles debe preocupar moito aos vendedores ambulantes.
Quen ten que velar pola seguridade é o concello e as medidas non gustan nin a PP nin aos autónomos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.