Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
8 de mayo de 2020
O SERGAS NOTIFICA A MORTE DE OUTROS TRES PACIENTES EN GALICIA
A Consellería de Sanidade informa de que faleceron outras dúas persoas diagnosticadas por coronavirus: un home de 100 anos ingresado no CHUS santiagués e unha muller de 88 anos no Hospital do Barco de Valdeorras. Ambos con patoloxías previas. Pola mañán contabilizárase a morte dunha muller no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) elevou a 591 o número de falecidos con coronavirus en Galicia (459 en atención hospitalaria e 132 no interior de residencias de maiores).
O mesmo número de falecidos que no día de onte. Un dato positivo dentro do negativo e que se repita cando menos e non sume máis. Unha sinal do bo facer de todos, desde os sanitarios ata os cidadáns cumprindo o mellor posible as normas establecidas.
Así desde o pricipio da continxencia por COVID-19 notificáronse, 123 falecidos en hospitais da área sanitaria da Coruña, 95 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 79 na área de Santiago, 29 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (duas das persoas, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.