Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2020

3 NOVOS ENFERMOS NA ÁREA PONTEVEDRA-O SALNÉS

Tres altas e tres novos enfermos, son os datos máis significativos no día de hoxe polo que respecta a nosa área sanitaria de Pontevedra e o Salnés.
Non hai variacións respecto ao día de onte cando o empeoramento no estado dun paciente fixo que volvera a UCI do Hospital Montecelo ter pacientes. 
Tres semanas sen pacientes nestas unidades da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. 
Desde o pasado 4 de maio  ninguén fora trasladado a UCI dos centros hospitalarios de referencia na área. Pontevedra-O Salnés era desde ese día a primeira área sanitaria de Galicia sen pacientes críticos.
Este paciente ingresado UCI é o único que está hospitalizado,os restantes pacientes recupéranse nas suas casas. Son 36 os pacientes que evolucionan no seu domicilio tras dar positivo, un total de 37, tres menos que o venres.
Nesta área lévanse curados 829 pacientes, dos que nove foron nas últimos 24 horas. Contabilizánse 16 pacientes falecidos, unha muller e 15 homes e destes 3 eran da Comarca do Salnés. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.