Dúas mulleres falecidas, unha onte en Ferrol de 86 anos e outra hoxe en Ourense de 87, con patoloxías previas, segundo a Consellería de Sanidade, son as últimas vítimas do coronavirus. Unha cifra que esta fin de semana descenderon notablemente e que deixan o total en 593 mortes desde o inicio da crise.
Nos últimos dous días non houbo falecementos de anciáns con coronavirus nas residencias, pero si morreron a finais da semana tres maiores no hospital que procedían dos xeriátricos, co que o total de vítimas destes centros é de 269. En canto ao número de infectados, neste momento hai 335 usuarios e 221 profesionais.
Con estas duas mortes o número de falecementos rexistrados en atención hospitalaria ascende a 461: 123 na área sanitaria da Coruña, 96 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 79 na área de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas dos falecidos, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.
A estas mortes hai que sumar as rexistradas dentro das residencias de maiores, que se manteñen en 132 desde a mañá do pasado xoves, última xornada na que se notificaron decesos en centros para a terceira idade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.