Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2020

ATA ESTA TARDE NON SE SABERÁ QUE PASA COS NÚCLEOS MENORES DE 5000 HBTS

A FEGAMP emiteu unha nota de prensa na que intenta aclara algúns puntos sobre a posible saída sen franxas horarias para núcleos de menos de 5.000 habitantes. O que moitas informacións non dan e  que se precisa que se cumpla o requisito de ser un núcleo de poboación separado doutros. Por exemplo Corbillón en Cambados e San Miguel en Vilanova. 

Aparecen información sobre o asunto moi contradictorias sobre este asunto.

Esta é o contido da nota de prensa.

"A Xunta de Galicia vén de comunicar a eliminación da restrición horaria para as saídas en núcleos separados de menos de 5.000 veciños e que se aplicará en concordancia á interpretación da norma remitida dende a Delegación do Goberno: 

“En relación coa problemática suscitada na interpretación do art. 5.2 da Orde SND380/2020, do 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, trasladada polo Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, na que se expón unha dificultade específica no que se refire ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio que administren núcleos de poboación separados cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, particípolle que se considera que procede realizar unha interpretación do art.5.2 da Orde SND380/2020, do 30 de abril, en sentido amplo e favorable á vontade do lexislador ante esta realidade material e xurídica na que nos atopamos.
Neste sentido, cando na citada Orde se alude ás Entidades de ámbito territorial inferior ao 
municipio, cabe interpretar, do sentido material e do espírito da norma, que non se está remitindo en sentido estrito ao concepto xurídico- administrativo recollido na lexislación de réxime local senón ao concepto de entidade colectiva de poboación, como agrupación de entidades singulares, definido polo Instituto Nacional de Estatística, como unidade ou entidade intermedia entre a entidade singular de poboación e o municipio. Exemplos destas entidades colectivas de poboación que teñen unha marcada orixe histórica son as parroquias, irmandades, concellos e outras que existen en diferentes Comunidades Autónomas e, entre elas, na Comunidade Autónoma de Galicia".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.