Os hospitais da rede pública do Sergas desta zona permanecen sen ingresados co virus e o único paciente mantense no QuirónSalud.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra un único paciente con COVID-19 positivo hospitalizado, que se atopa no hospital QuirónSalud de Pontevedra, mentres que os da rede pública do Sergas desta zona permanecen sen ingresados co virus.
Así o informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés. O eficaz traballo de todos os profesionais está a conter a incidencia do coronavirus nesta demarcación.
As mesmas fontes indicaron nun comunicado que os datos deste venres revelan que "xa non hai ningún paciente COVID positivo hospitalizado en Montecelo nin no Salnés" e "soamente queda un ingresado no hospital QuirónSalud de Pontevedra".
Mentres, 141 pacientes evolucionan nos seus domicilios ,sete menos que onte xoves, que, xunto co paciente hospitalizado, elevan a 142 os casos activos nesta área.
Desde o inicio do plan de continxencia pola COVID-19 curáronse 664 pacientes na área de Pontevedra e O Salnés, 15 máis que a xornada pasada.
Tamén faleceron con coronavirus 16 persoas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.