Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de mayo de 2020

594 VÍTIMAS MORTAIS EN GALICIA

Polo momento no que vai de día so se notificou a morte de un paciente con coronavirus en Galicia. A Consellería de Sanidade informa da morte dun home de 69 anos con patoloxías previas que permanecía ingresado no CHUS de Santiago, o que fai un total de 594 vítimas en Galicia ata o momento.
Lembremos que os dous días pasados so se notificaran 2, unha cada xornada. O Ministerio de Sanidade comunica 27 novos casos de Covid-19 en Galicia. Hai 16 novos hospitalizados, un novo ingreso en UCI e un novo falecido para un total de 594. Pola súa banda a Consellería de Sanidade comunica que o total de casos activos por coronavirus sitúase en 2.631, 72 menos que a véspera, e que 7.445 pacientes xa se curaron. En canto á situación dos pacientes con Covid-19, 26 permanecen en UCI, 191 están en unidades de hospitalización e 2.414 no seu domicilio. Non se rexistraron falecementos nas últimas 24 horas nas residencias, onde a taxa de incidencia do Covid-19 sitúase no 1,3%. Hai 334 usuarios con contagios activos e 217 profesionais na mesma situación.

Realizáronse xa 116.144 PCR.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.