Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de abril de 2020

UN NOVO FALECIDO NA ÁREA SANITARIA PONTEVEDRA-SALNÉS


O Sergas acaba de notificar outros tres falecementos que elevan o total a 442 por incidencia do Covid-19: un home de 89 anos no Hospital Montecelo, outro home de 85 no CHUO de Ourense, ambos con patoloxías previas, e unha muller e 73 no CHUO de Ourense sen patoloxías de base.
Estas tres novas mortes súmanse as notificadas pola mañán 9 en hospitais e unha nunha residencia de maoires.
Trátase dunha muller de 89 anos no CHUS santiagués, un home de 65 e unha muller de 78 no CHUO de Ourense, unha muller de 67 en Povisa (Vigo), un home de 95 e outro de 86, ademais de dúas mulleres de 85 e 84 no CHUAC coruñés, todos con patoloxías previas; súmaselles unha muller de 90 anos, sen patoloxía de base, no Hospital de Verín (Ourense). Engadir tamén o falecemento nunha residencia, neste caso na Santa Teresa de Jornet da Coruña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.