Despois que finalmente se confirmará que os nenos de ata 14 anos si poderán facer paseos a partir do domingo, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, explicou cales serán as condicións en que poderán facelo.
O primeiro punto importante é que en cada saída permitirase que saian á vez ata 3 nenos dunha mesma familia, iso si, baixo a vixilancia e supervisión dun dos seus pais ou un irmán maior adulto e sempre que convivan con el. Quíxose favorecer así ás familias numerosas.
Cando, como e onde poderán saír
Así pois non só poderán acompañar aos seus proxenitores á compra, ás farmacias ou ao banco. Os menores poderán facer exercicio, correr, saltar, sempre respectando a distancia social recomendada de 2 metros e mínimo de 1 metro e media e as medidas de seguridade.
Tamén se engadiu que os pais sempre terán que estar a unha distancia á que poidan controlar aos fillos.
Só poderán facer unha saída dunha hora ao día e terá que ser como moito a un quilómetro das súas casas. O horario permitido será de 9 da mañá a 9 da noite.
Nestas saídas poderán facer uso dos seus xoguetes pero non ir aos parques ou zonas de xogos. Os nenos de zonas rurais poderán ir ao campo.
Detallouse tamén que os pais dos nenos máis pequenos poderán sacalos á rúa cos seus carriños.
É importante tamén lembrar que esta saídas terán que facerse sempre seguindo as tres normas que Sanidade non deixou de repetir desde que comezou a pandemia: Sempre mantendo unha distancia de como mínimo un metro e medio entre persoas, lavarse as mans con frecuencia e manter unha hixiene persoal adecuada.
Recoméndase tamén usar máscaras sempre que non se poidan cumprir as tres regulas anteriores e, sobre todo, que os nenos con coronavirus, ou con síntomas do mesmo non deberían saír de casa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.