Segúndo o último informe do SERGAS os datos de afectados polo COVID-19 na área Pontevedra-Salnés aumentan pero nunha proporción menor. A cifra de contaxiados en Pontevedra e O Salnés é de 393. Polo tanto, 11 máis que no día de onte. O anterior día aumentara en 16 casos.
Do total, 72 contaxiados permanecen illados no Hospital Montecelo (7menos que onte) e 17 no Hospital do Salnés, como onte. O número de pacientes na UCI ascende a 19 (un máis que no día anterior) e 285 manteñen a corentena nos seus domicilios.
Polo que respecta a altas, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistráronse 12 novas altas nas últimas 24 horas. Cifra que eleva o total a 32.
O número de falecidos chega a 9 tralo falecemento esta madrugada dun home de 82 ingresado en Montecelo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.