Na súa última actualización, o Sergas cifra en 4.379 o número de contaxiados activos por coronavirus en Galicia. Deles, 165 permanecen na UCI, 819 seguen en unidades de hospitalización mentres 3.395 atópanse no seu domicilio. As altas elévanse ata os 333 pacientes, mentres que as vítimas sitúanse en 130. Por áreas sanitarias, a máis afectada segue sendo Vigo (1.018 casos), segudia da Coruña (954), Ourense (660), Santiago (591), Lugo (520), Pontevedra (393) e Ferrol, (243). A sanidade galega ha realizado 21.360 probas diagnósticas ata a data, é dicir, cinco veces máis que casos positivos rexistrou.
O Sergas incide de novo en que Galicia rexistra «a taxa de letalidade máis baixa das Comunidades Autónomas de España, cun 2,32% fronte á media estatal do 8,85%». Só «as cidades autónomas de Ceuta e Melilla teñen unha taxa inferior, do 1,96% e o 1,61% respectivamente».
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.