- Un total de 259 persoas xa foron dadas de alta, 72 máis que no día de onte.
Galicia ten a taxa de letalide máis baixa de todas as comunidades autónomas de España, cun 2,32% respecto da media do estado que é dun 8,86 %. Tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla teñen unha taxa inferior, cun 1,96% e 1,61% respectivamente. A taxa de letalidade reflicte a porcentaxe de falecidos respecto dos contaxiados.
No referido aos últimos datos, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos de coronavirus activos en Galicia ascende a 4.058, deles 906 son da área da Coruña, 456 da de Lugo, 559 da de Ourense, 382 da de Pontevedra, 955 da área de Vigo, 581 da de Santiago, e 219 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 157permanecen en UCI, 807 están en unidades de hospitalización e 3.094 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 259 altas de pacientes e 115 falecementos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.