Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de abril de 2020

GALICIA PASA XA DOS 300 MORTOS POR COVID-19

A morte de oito persoas segundo os datos da última actualización da Xunta sumada aos datos ofrecidos esta mañán de outros nove enfermos en hospitais galegos e en residencias de maiores eleva este xoves o número de falecidos por COVID-19 a 305. O cómputo de falecidos en hospitais sitúase en 244, con cinco novos casos.

Oito persoas máis perderon a vida por coronavirus esta tarde.
Trátase de catro pacientes ingresados no Chus de Santiago de 58, 84, 88, 97 anos; unha muller hospitalizada en Valdeorras de 95 anos; unha muller de 92 anos e un home de 92 ingresados no Chuo ourensán, un home de 90 anos hospitalizado na Rosaleda de Santiago. En total durante a xornada comunicouse a morte de 17 persoas, catro deles en residencias (estes últimos son datos de última hora de onte). Desde o inicio da crise faleceron xa en Galicia 305 persoas.

Segundo os datos trasladados por Sanidade, do total de 305 falecidos pola pandemia, 117 son mortes vinculadas con centros residenciais. É dicir, se 61 faleceron nas propias residencias, outras 56 persoas usuarias destes centros fixérono en hospitais ou nas chamadas residencias integradas. Faltan os datos do día de hoxe nas residencias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.