A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense este domingo na tendencia ao crecemento moderado dos novos casos de coronavirus e, segundo o último balance facilitado pola Consellería de Sanidade, este domingo ten 12 novos casos con respecto ao sábado.
A cifra supón unha importante redución con respecto aos 32 novos casos que se rexistraron o venres e regresar a niveis de crecemento dos últimos días da semana pasada.
En total, a área sanitaria suma este domingo 444 casos activos de coronavirus, dos que 99 son pacientes ingresados nos hospitais da área sanitaria, o mesmo número que o sábado. e repítense os datos de 24 horas antes, con 81 pacientes hospitalizados en planta e 18 na UCI.
Do total de ingresados este domingo, 12 están no Hospital do Salnés. O resto de casos confirmados están no seu domicilio, un total de 345.
Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19, faleceron nesta área sanitaria, 3 días sen mortes, 9 pacientes e déronse 61 altas hospitalarias. Cinco deses pacientes nas últimas 24 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.