A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.296, deles 1.408 son da área da Coruña, 605 da de Lugo, 1.243 da de Ourense, 508 da de Pontevedra, 1.142 da área de Vigo, 1.046 da de Santiago, e 344 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 108 permanecen en UCI, 601 están en unidades de hospitalización e 5.587 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.548 altas de pacientes e 460 falecementos.
Segundo os datos trasladados este luns cinco persoas faleceron en residencias de maiores con COVID-19 en Galicia, segundo os datos trasladados este luns pola Consellería de Sanidade. Os últimos falecidos en residencias (notificados este luns, pero correspondentes á xornada do domingo) son 2 usuarios do centro DomusVi de San Lázaro (Santiago), un da nosa Señora da Esperanza (Ourense), outro de DomusVi de Cangas (Pontevedra) e outro da residencia de Moledo (Vigo).
Hai que sumar os cinco novos falecidos en hospitais galegos que estaban diagnosticados con coronavirus. Trátase de ou home de 55 anos ingresado no Chuac; unha muller de 100 anos e home de 82 no CHUO; un home de 70 no Hospital Vithas Fátima de Vigo; e un home de 85 anos no Hospital HM Rosaleda, en Santiago. «Todos tiñan patoloxías previas», indica o Sergas. Con isto elévase a 460 (357 en hospitais e 103 en residencias) o número de vítimas por Covid-19 en Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.