Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de abril de 2020

A XUNTA SEGUIRÁ A COBRAR AS TAXAS PORTUARIAS

Non lle dará vergoña ao sr Feijóo estar a reclamar do goberno central axudas a autónomos e xentes do mar, e a súa vez seguir cobrando as taxas portuarias? Adiar facturas significa que nuns meses o sector atoparase con facturas de meses nos que non tivo actividade e polo tanto non gañaron un peso. Así se desprende o comunicado de prensa emitido esta mañán e que reproducimos íntegramente.

O que non se indica é que pasa cos terreos de titularidade portuaria e que son utilizados por concello para actividades como mercados, no caso de Cambados e outros concellos da comarca, e que van camiño de un mes sen actividade.

NOTA DE PRENSA
"Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, vén de flexibilizar o pago das taxas nos peiraos autonómicos ante a declaración do estado de alarma polo coronavirus co obxectivo de aliviar a situación económica dos seus usuarios. Entre as medidas adoptadas polo ente público encóntrase a ampliación do prazo voluntario para o pago das liquidacións de impostos xa emitidas e que vencían a partir do 18 de marzo, unhas taxas que agora poderán aboarse ata o próximo 30 de abril.
Portos de Galicia tamén acordou adiar ata dous meses despois de que remate a declaración do estado de alarma a emisión de novas facturas por taxas portuarias, unha decisión que ten como obxectivo aliviar posibles tensións de tesourería ás entidades e empresas usuarias dos portos e favorecer a existencia de liquidez para que poidan manter a súa actividade unha vez superada esta situación excepcional pola alerta sanitaria. A maiores, os contribuíntes poderán beneficiarse dos adiamentos e fraccionamentos habituais previstos tanto na lei xeral tributaria coma nos regulamentos de recadación en vigor na comunidade.
Estas medidas, que foron comunicadas hoxe pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, á Federación Galega de Confrarías de Pescadores e á Asociación Galega de Depuradores de Moluscos (Agade), afectan a servizos especiais como a entrada ou estadía de barcos nos peiraos galegos, a atracada, o tráfico de mercadorías e pasaxeiros, de produtos do mar ou o tránsito de embarcacións deportivas ou de lecer. Tamén a outros servizos específicos como guindastres, almacenaxe, locais e edificios, fornecementos ou servizos diversos, así como as taxas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos".


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.