Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de abril de 2020

UN FALECIDO NO HOSPITAL DO SALNÉS POR CORONAVIRUS

Un home de Cambados de 76 anos é a nova vítima do coronavirus. Faleceu no Hospital do Salnés e segundo a actualización tiña patoloxías previas. Esta é a vítima número 10 nesta área sanitaria desde o comezo da pandemia e o primeiro no Hospital de Rubiáns.
As cifras da última actualización na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés indican que hai actualmente 457 casos confirmados. O que supón 13 máis que onte domingo. De eses enfermos, 74 permanecen ingresados no Hospital Montecelo e 10 no do Salnés. Ademais, 14 pacientes evolucionan na UCI (4 menos ca onte) e 359 nos seus domicilios.
As altas médicas continúan rexistrando valores á alza. Nas últimas 24 horas rexistráronse 2 e o total ascende xa a 63 dende o inicio da pandemia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.