A mellor das noticias e que agardemos continúe de xeito parecido nos vindeiros días, é que no día de hoxe non hai que contabilizar ningún falecemento por coronavirus.
Segundo os últimos datos oficiais do Sergas, Galicia non rexistra ningunha morte nos hospitais durante a xornada de hoxe. Sería a primeira vez que se produce esta situación dende o 17 de marzo. Galicia rexistraba o seu primeiro falecido o 14 de marzo.

Os datos do Sergas presentan hoxe unha revolución ao rexistrarse máis de 3.500 altas novas, dado que ata o de agora só estaban a contabilizar as altas de pacientes en hospitais, e non as dos que estaban a pasar a enfermidade nas súas casas. Deste xeito, o número de enfermos activos en Galicia baixou a 3526 (a Xunta informaba do número de casos activos e non dos totais, como levabamos semanas contando), producíronse xa 5393 altas e 547 falecementos. Nas últimas 24 horas rexistráronse 3552 altas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.