Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de abril de 2020

A CIFRA DE MORTOS NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS CHEGA A 14

Como avanzábamos onte temos que destacar unha nova vítima mortal na área sanitaria de Pontevedra e OSalnés poCOVID-19. Segundo informa a Xunta, trátase dun home de 89 anos que estaba ingresado no Hospital de Montecelo e que tiña patoloxías previas. Con el son xa 14 as vítimas mortais dende o inicio da pandemia, 3 no que respecta á comarca do Salnés.
O número de contaxios mantense ao non se rexistrar novos contaxios nesta área sanitaria. 

O número total a día de hoxe de infectados é de 507 casos, os mesmos ca onte.
Nas UCI´s continúan 10 (igual que onte) enfermos e 472 (igual tamén que onte) están a recuperarse no seu domicilio. Hai 25, son 10 menos que o sábado,  enfermos ingresados en planta nos hospitais da área Pontevedra-Salnés, 23 en Montecelo, unha persoa hospitalizada no Salnés e outro doente máis no Quirón Salud da capital, en ambos casos igual que onte.
Destacar que so se produxo unha nova alta médica, co que ascenden a 144 o número de persoas que superaron a enfermidade. E 14 vítimas mortais como se apuntaba ao principio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.