Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de abril de 2020

A BIBLIOTECA DE CAMBADOS ANIMA Á LECTURA NO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.


Hoxe 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Por este motivo ás Bibliotecas convidan a festexar esta data dende o confinamento doméstico con catro propostas. Son as seguintes: 
  •  Ler en familia algunha obra de literatura infantil, especialmente recomendada a lectura de contos polos pais e nais aos fillos máis cativos para fomentar o gusto polos libros e a lectura.
  • Participar no concurso promovido por Galix “Un poema na túa voz. Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, animámos a  ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e a que gravedes as súas lecturas e as enviedes a Galix. + información 
  • Acceder a literatura infantil e xuvenil dende casa, algunhas que recomendamos son:
  • Dende a Biblioteca Municipal lembramos que os nosos socios ou calquera cidadán pode acceder a “Galicia Le”.
  • GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
  • En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.
En definitiva, dende a nosa casa temos moitos xeitos de celebrar este Día do Libro Infantil e Xuvenil . Boas lecturas para todos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.