Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de marzo de 2020

SUSPENDIDAS AS COMPETICIÓNS AMATER E DE BASE DEPENDENTES DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL



Si onte se decretaba xogar a porta pechada o fútbol a nivel nacional en Galicia, hoxe a Federación Galega de Fútbol da por suspendida toda a competición de fútbol, futsal e gaélico en Galicia
A RFGF decreta a suspensión de toda a competición en Galicia de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico desde mañá e durante as próximas dúas semanas.

Ante a situación de urxencia que está xerando a expansión do Coronavirus COVID-19 e logo dos comunicados do CSD e o emitido esta mañá pola Real Federación Española de Fútbol no que decreta a suspensión da competición de fútbol e fútbol sala de ámbito estatal durante as dúas próximas semanas, recomendando ademáis a mesma medida a todas as federacións territoriais, a Real Federación Galega de Fútbol informa que TODA a competición en Galicia de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico tamén queda SUSPENDIDA durante ese mesmo prazo de dúas semanas. Medida de urxencia que comeza a ser efectiva desde mañá xoves.

A RFGF non quere crear ningún tipo de alarma, pero esta decisión extraordinaria enténdese necesaria para unha situación que é claramente extraordinaria. Dentro da nosa capacidade pretendemos con esta medida garantir a saúde e seguridade dos nosos deportistas e de todas as persoas que dun ou doutro xeito move cada partido de fútbol, fútbol sala e gaélico que se disputa en Galicia.

Con esta decisión tamén se busca manter a homoxeneidade da competición estatal e autonómica dentro da nosa comunidade e tamén para non quedar a expensas de posibles suspensións motivadas por peches de instalacións en determinados concellos.

A RFGF manterá un permanente contacto coas autoridades deportivas e sanitarias de Galicia, así como a Federación Española, e informará puntualmente aos clubs de calquera cambio que se produza no referente a esta decisión.

A RFGF convocou para mañá con carácter de urxencia aos delegados federativos e aos membros da Xunta Directiva para definir os procedementos e medidas necesarias no que respecta ao ámbito competicional, co fin de que os clubs coñezan o antes posible todas as modificación que se deberán realizar como consecuencia desta suspensión.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.