Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de marzo de 2020

PRIMEIRA MORTE DUNHA PACIENTE CON CORONAVIRUS

A Consellería de Sanidade vén de confirmar esta mañá o falecemento dunha muller de 92 anos, con múltiple patoloxía, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo, e que dera positivo na proba de coronavirus. Tratábase dun caso importado.

Galicia amence coas restricións impostas pola Xunta na tarde do venres. Polo momento hai declarados 112 contaxiados de Covid-19.

Por outro lado os bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela acordaron este venres dispensar aos fieis da asistencia ás misas e eucaristías e instan a seguilas por radio ou televisión, así como por Internet para frear a expansión do novo coronavirus. Esta e outras medidas serán temporais e estarán en vigor en principio ata despois de Semana Santa.

Ademais estableceuse un límite dun terzo do aforo máximo permitido en espazos que alberguen a celebración de funerais e un máximo de ata 35 persoas para o acompañamento de cortexos fúnebres en toda a Comunidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.