Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de marzo de 2020

O NÚMERO DE AFECTADOS NO SALNÉS MANTENSE NO ENTORNO DE 30 CONTAXIADOS


A área sanitaria de Pontevedra -O Salnés  chega aos 348 casos activos ata o día de hoxe, esto quere decir que hai 24 casos máis que onte. No seu domicilio hai 240 pacientes, 75 no Hospital de Montecelo, 17 no Hospital do Salnés e tan so 1 no Quirón Domínguez de Pontevedra. 15 dos contaxiados están na  UCI, un máis que no día de onte. Ata agora hai 6 falecementos na área Pontevedra-Salnés
O número de altas na nosa área Pontevedra-O Salnés  ascende a un total de 16 pacientes.
O número de afectados na comarca do Salnés mantense entorno a uns 30 contaxiados.
Polo que respecta á Comunidade galega rexistra 3.476 enfermos con positivo por coronavirus, dos que 134 permanecen en UCIs, 766 en unidades de hospitalización e 2.576 nos seus domicilios.
Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos.
Ademais, contabilízanse 168 altas e 79 falecementos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.