O Sergas acaba de comunicar o deceso doutras seis persoas ingresadas en hospitais galegos diagnosticadas con coronavirus.
Trátase de dúas mulleres de 84 e 94 anos e un home de 91 anos ingresados en Povisa; un home de 87 anos ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña, unha muller de 89 que se atopaba no hospital pontevedrés de Montecelo e un home de 88 ingresado no hospital do Barco de Valdeorras. «Todos tiñan patoloxías previas», engade o servizo galego de saúde.
Con estes decesos, elévase a quince o número de vítimas mortais da pandemia no que vai de día, 84 desde o comezo da crise sanitaria.
A Xunta intervén dúas residencias privadas en Vigo e Cangas pola súa alta cifra de contagios.
Pasarán a ser residencias integradas, como as de Santiago e Baños de Molgas, e estarán baixo o mando dun empregado público
A Consellería de Política Social decidiu intervir as dúas residencias xeriátricas de DomusVi en Barreiro, en Vigo, e en Aldán, en Cangas (Pontevedra), debido ao "elevado número" de positivos por coronavirus rexistrado entre traballadores e usuarios.
Entre ambos os centros suman 189 infectados, segundo confirman a Europa Press fontes da Consellería. Máis concretamente, a de Cangas, con 105 residentes e dous traballadores contaxiados, converteuse este luns no principal foco de coronavirus en centros da terceira idade en Galicia. Pola súa banda, a DomusVi de Barreiro contabiliza 71 casos entre os usuarios e outros 11 entre os seus empregados.
En vista destes datos, a Xunta informou nun comunicado que ambos os centros converteranse en residencias integradas ás que serán derivadas persoas maiores contaxiadas con COVID-19.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.