Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2020

MÁIS VÍTIMAS MORTAIS NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS

A primeira hora da mañán coñecíanse os datos do coronavirus por áreas sanitarias en Galicia. O COVID-19  deixa dúas novas vítimas mortais en Pontevedra.

Son unha muller de 89 anos e un home de 81. Ambos estaban ingresados no Hospital Montecelo e segundo as fontes da Xunta presentaban patoloxías previas. Con estas duas mortes, son xa 8 os pacientes falecidos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Os casos confirmados nesta zona continúan aumentando. Nas últimas 24 horas rexistráronse 18 novos positivos (24 no día de onte). O que ascende a cifra total a 366. Deles, 256 (16 máis que onte) están no seu domicilio, 75 atópanse illados en Montecelo, 17 no Hospital do Salnés e 1 no Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra. Na UCI hai 17 pacientes, (2 máis que onte).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.