Galicia continúa incrementando a súa cifra de positivos por Covid-19. A Consellería de Sanidade acaba de informar que a cifra na mañá deste sábado ascende a 2.627 activos, o que supón 417 máis que onte venres. o número total de afectados ascende a 2772.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.627, deles 597 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 371 da de Ourense, 290 da de Pontevedra, 633 da área de Vigo, 454 da de Santiago, e 63 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 110 permanecen en UCI, 652 están en unidades de hospitalización e 1.865 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 95 altas de pacientes e 50 falecementos.
Galicia incrementou notablemente os seus positivos nos dous últimos días, pero tamén se aumentaron o número de probas realizadas. Espérase que esta fin de semana alcáncese o pico de contagios novos nun día e logo comece a baixar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.