Segundo as cifras actualizadas esta mañá pola Consellería de Sanidade, están afectadas 290 persoas, 30 máis que o día anterior. Na citada área hai 71 hospitalizados en planta -9 deles no Hospital do Salnés- 12 pacientes están na UCI e 148 casos están en domicilio.
A comarca do Salnés achégase aos 30 afectados. Varios traballadores, 6 segundo os datos dados, do Centro de Saúde de San Roque en Vilagarcía, 8 persoas en Cambados, algunha delas hospitalizada, duas persoas na Illa unha delas tamén hospitalizada. No Grove con 4 persoas e Sanxenxo dous afectados tamén hai persoas enfermas, máis 5 en Meaño e outros dous traballadores do Hospital do Salnés.
O número de infectados en España segue aumentando ata as 5.690 persoas falecidas, 72.248 contaxiadas e 12.285 curadas segundo os datos de hoxe, rexistrando unha importante subida de casos en Cataluña e Madrid, que se converteu xa nas partes máis afectadas do país.
A nivel mundial a pandemia dóbrase nunha semana e supera os 607.000 persoas nun total de 188 países e xa son máis de 28.000 os falecidos, acumulando o maior número de defuncións Italia, onde segundo os últimos datos máis persoas perderon a vida. España é por tanto o segundo país con máis defuncións tras superar a China na xornada deste pasado martes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.