Varios realizadores do Novo Cinema Galego ofrecen algunhas das súas obras online de forma gratuíta con motivo do estado de alarma polo coronavirus, que entre outras cuestións obrigou a pechar todos os cinemas do país.
O impulsor desta iniciativa, o director Xurxo Chirro —xunto aos produtores Beli Martínez e Felipe Lage— explica que se ofrecen estas obras para que a xente poida «divertirse, entreterse ou estudalas» nun momento no que non se pode saír de casa. Precisamente, este 2020 o Novo Cinema Galego, termo acuñado polo crítico Martin Pawley en 2010, cumpre unha década.
Aquel ano produciuse a estrea de «Todos vós sodes capitáns», de Oliver Laxe, obra que se pode ver online grazas a esta iniciativa. A web é http://novocinemagalego.info/10anosncg
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.