Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de marzo de 2020

305 AFECTADOS, ÚLTIMO BALANCE DE ONTE POLA NOITE E 4º FALECIDO HOXE


O Servizo Galego de Saúde acaba de informar do falecemento dun home de 72 anos que estaba ingresado na UCI do Complexo Hospitalario da Coruña e que tiña varias patoloxías previas. Trátase da cuarta vítima da epidemia en Galicia. O coronavirus deixou este martes en Galicia un balance de 305 contagios, 66 casos máis que o día anterior, segundo informou á primeira hora da tarde o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa tras reunirse cos líderes políticos e cos últimos datos actualizados. Dese total, once atopábanse en UCI, 59 en unidades de hospitalización e a gran maioría, 235, baixo réxime de atención domiciliaria. Catro pacientes foran xa dados de alta e realizáronse 2.099 probas. Aínda que seguindo directrices do Ministerio a Consellería de Sanidade non desagregou datos por áreas sanitarias desta última cifra achegada polo presidente, si que o fixo da que ofreceu unhas horas antes á súa comparecencia, cando o Sergas cifrou os casos en 285. Dese total, 84 correspondían á área da Coruña, 26 á de Lugo; 32 á de Ourense; 37 á de Pontevedra; 49 á de Vigo; 50 á de Santiago e sete á de Ferrol.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.