Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de marzo de 2020

CAMBADOS CONSEGUE EPIS QUE ENTREGA AO ASILO E AO SAF

O Concello de Cambados foi buscar material de protección individual (Epi's) a Pontevedra e foronlle entregados 500 pares de guantes e 150 mascarillas. O Concello entregonas ao Asilo de Cambados, ao persoal de emerxencias e os traballadores do SAF. 
O Concello agarda que nos vindeiros días se poida recibir por parte da Xunta máis material. 

Se tes que acudir ao centro de saúde ou ao hospital por causa dalgunha doenza crónica ou grave, para poñer algún tratamento (sintrom, quimio, radio, diálisis....) ou para controlar o teu embarazo e non tes mascarilla, podes solicitala aquí..

https://forms.gle/iYw8NYFbGJPeTR349


"En breve contactará contigo.  Para proporcionar a mascarilla deberás aportar o xustificante de acceso ao hospital ou centro sanitario"
Grazas pola colaboración e paciencia.
Recorda!!#euquedonacasa
Seguimos traballando para vencer este virus.


O CONCELLO DE CAMBADOS COMPRA EQUIPAMENTOS DE PROTECCIÓN PARA O PERSOAL SANITARIO DO SERGAS


O Concello de Cambados entrega 25 traxes de protección para os traballadores do Centro de Saúde e da ambulancia do 061 da Xunta con base en Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.