Os falecementos chegan a 86
A cifra de decesos non tarda en ter que actualizarse. Hai escasamente duas horas dábamos conta de 15 falecementos. Agora o Sergas informa de que faleceron outros dous homes, que elevan o total en Galicia a 86: tiñan 92 e 85 anos e estaban ingresados no Hospital Universitario de Ourense. Ambos, con patoloxías previas. Son 17 nas últimas 24 horas. O total na área sanitaria pasa así a ser de 12, a segunda máis afectada por diante de Santiago.
Os falecementos, desagregados por áreas sanitarias
O Sergas ofrece información desagregada por áreas sanitarias das 86 vítimas mortais que deixa o coronavirus en Galicia, coa Coruña claramente destacada con 32 óbitos. Case triplica ás seguintes da lista, Santiago, con 11 e Ourense con 12.. A partir de aí, non hai grandes diferenzas, cunha pinza dos 12 casos de Ourense 11 de Santiago, aos sete de Lugo e Pontevedra. Entre ambas as áreas figuran Vigo con nove e Ferrol con oito. Chama a atención elévada mortalidade da pandemia na Coruña: con menos casos que Vigo, a súa porcentaxe de decesos é moito máis elevado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.