Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de febrero de 2020

OUTRO GRAVE ACCIDENTE MARÍTIMO NAS INMEDIACIÓNS DE ONS


Un mariñeiro permanece a estas horas desaparecido despois de que a súa embarcación naufragase nas inmediacións da Illa de Ons. Ademais, outros dous tripulantes puideron ser rescatados e trasladados ata o peirao de Portonovo.
Os xestores do 112 Galicia nada máis ser informados do suceso polos axentes da Garda Civil, ás 13:15 horas, puxeron a situación en coñecemento do persoal de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca 1 ao punto.
Ademais, para a busca do pescador contan coa colaboración por terra do Axente Forestal ao coidado do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Así mesmo, informouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 aínda que, finalmente, as persoas rescatadas non requiriron asistencia sanitaria.
Nestes intres, mantense o operativo no que traballan os servizos de emerxencias para tratar de localizar ao home desaparecido.

Os medios despregados seguen a procura por mar e aire ao tripulante desaparecido dun pesqueiro que envorcou este martes supostamente por un golpe de mar ao norte das Illas Ons. Así o informaron fontes de Salvamento Marítimo, que concretou que ás 13,00 horas deste martes recibiu o aviso de que a embarcación 'Rosa', con tres tripulantes, envorcara por un golpe de mar ao norte de Ons. Dous dos tripulantes, concretaron as mesmas fontes, chegaron.
Dous dos tripulantes da embarcación chegaron a nado polos seus propios medios a terra a Ons, desde onde un, o patrón da embarcación, alertou a Salvamento Marítimo. O Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra coordina a emerxencia e foron despregados o helicóptero 'Pesca 1' da Xunta, así como as embarcacións 'Salvamar Sargadelos' -de Salvamento- e 'Paio Gómez Chariño' -da Administración autonómica-, aos que se sumaron pesqueiros da zona. Este martes está activado o aviso laranxa por ondas de máis de sete metros de altura no litoral galego.

Ao parecer o barco con matrícula de Cambados ten a súa base na Illa de Arousa e según indican desde a poboacón arousá estarían adicandose a recoller cría de mexilón. Dos tres tripulantes segundo as mesmas informacións, dous son irmáns e o desaparecido sería o máis novo.

Este accidente é o segundo accidente en só tres días nas aproximacións de Ons. E é que o domingo un mariñeiro do Grove morreu logo de caer ao mar cando se atopaba traballando na zona.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.