Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de noviembre de 2019

O CRISTO DE LEIRO ABANDONA SANTA MARIÑA


Un ano máis, e van 5, por estas datas o Cristo de Paco Leiro que preside a igrexa do Cimiterio de Santa Mariña de Cambados abandona o emplazamento para estar resguardado das inclemencias do tempo.

A peza foi retirada por operarios municipais en colaboración cun traballador do taller de Leiro, supervisada polos concelleiros Tino Cordal e Xurxo Charlín e foi trasladada, en primeira instancia, ao local que o artista ten en Corvillón.

A iniciativa do escultor cambadés Paco Leiro fai que a iglesia das Ruínas de Santa Mariña conten cun Cristo de madeira, de dous metros de altura, cubre desde o 2015 o oco deixado cando se retirou o "titular" para ser restaurado.

A iniciativa surxiu no ano 2015 do propio escultor que se puxo en contacto con membros da corporación local que trasladaron a idea á Comisión do Cemiterio e ao cura párroco, José Aldao. Tras unhas reunións entre Victor Caamaño (por aquel entonces concelleiro de Cultura) o párroco e a dirección da Comisión acordouse dar traslado da idea e a petición de permisos a Patrimonio e ao Arzobispado. Conseguidos os permisos so quedaba fixar dia para a colocación da peza nun acto que debería ser público e aberto, posto que se trata dun monumento seña de identidade do pobo de Cambados, pero que ao fin foi "segredo".

Hai que agradecer a Paco Leiro a iniciativa que da conta do amor que profesa polo seu pobo natal e que por moito que esté lonxe de aquí lévao no seu corazón e na sua cabeza.

O Concello de Cambados puxérase en contacto con Patrimonio e expuxéralle as duas opcións posibles de reparación do Cristo que leva anos presidindo as ruínas. Ao parecer a reparación do Cristo oscilaba entre 3.000 e 7.000 euros. En xaneiro do 2015 presentouse un informe con estas dúas opcións: unha restauración máis económica duns 3.700 euros e outra máis en profundidade de 7.000 euros que ademais, devolveríalle o ton de pel orixinal.

Cinco anos despois, patrimonio e arzobispado non contestaron.



CRISTO DO CONVENTO

Ficha técnica:
Madeira de carballo policromada
Cruz: piñeiro tea
280 x 180 x 65 cm 
Represéntase a expiración de Xesus Cristo.
A figura aparece despegada da cruz en postura frontal, cos brazos en forma de Y, acentuando a sensación de peso morto, o que lle da máis dramatismo á composición.
Podería dicirse que o tratamento da anatomía é achegado ao do primeiro Renacemento ( Brunelleschi, Donatello ou  Juan de Anchieta) e respecto a Cristos contemporáneos atreveríame a citar o Cristo de Moiá de Francisco Asorey.
A cruz en TAU (en forma de T) é un símbolo empregado pola orde Franciscana. Por este motivo escolle a cruz en forma de TAU, como homenaxe ao antigo convento de San Francisco en Cambados.
De aí o título de la obra, CRISTO DO CONVENTO




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.