Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de noviembre de 2019

ESTUDANTES DO ASOREY ABORDAN A DESIGUALDADE NO ÁMBITO CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO NA DELEGACIÓN DO GOBERNO


O alumnado de dous centros das provincias da Coruña e Pontevedra, o IES Francisco Aguiar, de Betanzos, e Francisco Asorey, de Cambados, abordaron onte mércores, nunha visita á Delegación do Goberno en Galicia, a desigualdade no ámbito científico e tecnolóxico. Segundo informa a Delegación do Goberno, máis dun centenar de estudantes continuaron o programa de visitas á exposición 'As mozas somos guerreiras... e tamén enxeñeiras e científicas, tecnólogas, matemáticas...', que está aberta ata o próximo 29 de novembro. Guiados pola responsable da área de Igualdade da Delegación, María Debén, e a director da área da Alta Inspección de Educación, Manuel Regueiro; o alumnado compartiu o contido da mostra do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Nela, lémbrase que as mulleres "representan apenas ao 30% do alumnado nas carreiras universitarias dos ámbitos científicos e técnicos", remarca a Delegación do Goberno, que lembra que o obxectivo foi concienciar aos estudantes "da importancia de alcanzar cotas máis altas de igualdade e o feito de que a educación pode ser unha vía para iso". Esta visita forma parte das actividades programadas pola Delegación do Goberno, en colaboración co Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, con motivo do Día da Eliminación da Violencia contra a Muller.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.