A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hoxe o carácter pioneiro de Galicia ao contar coas primeiras rutas Q de Calidade Turística, os itinerarios identificados pola súa excelencia turística e que, de xeito piloto, se está a experimentar en territorios vitivinícolas galegos e no Camilño de Santiago.
Así o manifestou durante o V Congreso Internacional de Calidade Turística que se está a celebrar desde hoxe en Tenerife onde participou na mesa redonda A enogastronomía de calidade como oportunidade de desenvolvemento local. Durante a súa intervención, Nava Castro salientou a colaboración materializada este ano entre a Xunta e o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) coa que a marca Q se estenderá ás Rutas do Viño de Galicia e ao Camiño de Santiago a través do proxecto pioneiro Galicia, apostando pola calidade.
Como recordou, ao abeiro deste acordo impulsarase a creación das chamadas Rutas Q, unha figura pioneira en España onde se inclúen como proxecto piloto o Camiño Portugués e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, así como as Rutas dos Viños das Denominacións de Orixe Rías Baixas e Ribeira Sacra. E especialmente nestas últimas, nas referidas aos territorios vitivinícolas Nava Castro centrou o seu relatorio.
Tamén salientou as diferentes iniciativas postas en marcha co apoio do sector onde o enoturismo ten un gran peso como as xornadas de portas abertas das rutas dos viños, ou propostas como o spa viñoterapia en Leiro, a sinalización das rutas do viño, a creación do Museo do Viño de Galicia e mesmo a conservación dos lagares rupestres de Oímbra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.