Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de octubre de 2019

UN NOVO CUARTEL E MÁIS EFECTIVOS PARA A GARDA CIVIL DE CAMBADOS


O cuartel da Garda Civil de Cambados non será, finalmente reformado. 

Cambados contará cun novo Cuartel con capacidade para 100 efectivos e que se vai situar no mesmo solar que o actual. A súa construción comezará no 2021.


O proxecto non estaba previsto pero "ante a evolución dos acontecementos, faise prioritario trala paralización das obras de mellora das actuais instalacións e a necesidade de desaloxo do persoal polo seu mal estado", explicaba esta mañá a Subdelegada do Goberno, Maica Larriba.
As novas dependencias da Benemérita edificaranse na parcela actual, coa previsión de que as obras se inicien en 2021 cunha inversión de 6 millóns de euros financiados polo Ministerio do Interior.
E mentres, a Garda Civil trasladarase ao Centro SocioCultural de A Merced, cuxas dependencias municipais deberán reorganizarse.
Para comezar o traslado, Concello e Ministerio deben asinar previamente un convenio de cesión.
Actualmente, o Cuartel conta con 38 efectivos e as novas dependencias prepararanse para 100, con máis servizos e vivendas para as súas familias.

Con todo, o Ministerio do Interior traballa xa nun proxecto para construír as novas dependencias da Garda Civil en Cambados, que estará no mesmo solar que o cuartel actual. 
Terá un investimento de case seis millóns de euros e unha capacidade futura para acoller a preto de cen efectivos entre os que haberá axentes dos servizos de intervención de armas, Seprona, violencia de xénero ou a policía xudicial, segundo explicou Maica Larriba.

A subdelegada engadiu que con esta solución temporal e a construción do novo cuartel a Garda Civil manterá a súa presenza en Cambados e en toda a comarca do Salnés.
Todo elo se anunciaba a Arousa Sí Radio esta mañá trala reunión que mantiveron en Cambados a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, a alcaldesa, Fátima Abal, e o xefe da comandancia provincial da Garda Civil, o Tenente Coronel Manuel Touceda.

Arousa Sí Radio Salnés



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.