Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de octubre de 2019

III SIMPOSIO INTERNACIONAL LGTBI GALICIA


O sábado 27 de outubro o Concello de Cambados organizará por terceiro ano o Simposio Internacional LGTBI de Galicia, un evento que sitúa á nosa vila na vangarda da defensa dos dereitos do colectivo  LGTBI.
O simposio terá lugar en Exposalnés 10:00 ás 14:30 horas, e contará coa presenza de representantes de diferentes países que exporán os seus diferentes puntos de vista respecto ás iniciativas e á situación do colectivo LGTBI no mundo.
Colectivos da nosa contorna, doutros puntos de España e de África daranse cita no III Simposio Internacional LGTBI. Vaise celebrar o vindeiro 28 de outubro. Nos diferentes relatorios farase unha radiografía da realidade da diversidade sexual en primeira persoa.
Na parte internacional, o colectivo África LGTBI explicará como é a dura realidade do colectivo naquel continente. Dende o eido local, dous colectivos: GOTAS e Avante LGTBI Pontevedra.
Como novidade este ano, o Simposio entregará tres premios a tres dos colectivos participantes: a Kif-Kif, á Unidade de Xestión da Diversidade e ao Observatorio Español contra delitos de Odio. Ademais, de xeito paralelo a vila acollerá unha Escola de Emprendemento Feminino.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.