Xa está en marcha un ano máis e por segundo ano consecutivo ao chegar setembro, GaliciAME quere animar e mover este mundo relacionado coa atrofia muscular espinal, desde hoxe día 2 de setembro queda convocada a segunda axuda á investigación GaliciAME.
"Queremos animar a todo aquel que crea que pode achegar algo ao noso mundo relacionado coa atrofia muscular espinal a que nos envíe e preséntese a esta convocatoria, nesta ocasión contamos con 40.000 € que queremos dar para investigación porque cremos que este é o camiño para que haxa un futuro sen atrofia muscular espinal e por que tamén pensamos que é o mellor regalo que lle podemos dar e deixar a futuras xeracións. Desde logo hoxe máis que nunca nos acordamos dos que estamos dos que se foron pero sobre todo de cada persoa que nos axuda en cada proxecto e cada día do ano para xuntar este diñeiro que entregaremos aos gañadores en nosa xa tradicional gala que celebraremos o 6 de decembro na Adega Condes de Albarei".
Para máis información sobre a Convocatoria, feixe click na seguinte ligazón: II Beca de investigación sobre el AME.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.