Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de septiembre de 2019

7 OBRADOIROS DE EMPREGO NO SALNÉS DARÁN NOVAS OPORTUNIDADES LABORAIS A 132 PARADOS


O Consello da Xunta ven de resolver a convocatoria de axudas dos obradoiros de emprego dirixidas aos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes que permitirá a realización dun total de 7 obradoiros de emprego na comarca do Salnés o que permitirá incrementar as oportunidades laborais de 132 desempregados desta área a través dun investimento de 2 millóns de euros.
Os beneficiarios recibirán formación con certificado de profesionalidade e tamén un contrato de traballo. Na provincia de Pontevedra desenvolveranse 21 iniciativas (15 duais e 6 xuvenís).
En concreto, na comarca do Salnés realizaranse 5 obradoiros duais de emprego aos cales se destinarán 1,7M€. Así, aprobouse “Forme 19” de Vilagarcía de Arousa; “Vista Real V” de Vilanova de Arousa; “Ruta Marítima Camiño de Santiago II” de Cambados; “Hostalería do Salnés XI” da Mancomunidade do Salnés e “A Lanzada II” do Grove. Ademais, tamén verase beneficiada esta comarca con dous obradoiros xuvenís para menores de 30 anos: “Labora Xove 2019” de Vilagarcía de Arousa e “Cambados Emprendedor” de Cambados, cun orzamento global de 360.000 euros.
Trátase da segunda convocatoria deste programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral. A duración dos obradoiros duais será de 9 meses.
Ademais, no caso dos obradoiros xuvenís para menores de 30 anos, estes deberán estar inscritos e en situación de beneficiarios no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma. As actividades estarán relacionadas coa titulación ou formación previa que posúan ou para a mellora do seu nivel de competencia profesional. A súa duración será de 6 meses.
Entre os criterios de valoración desta convocatoria destacaron a maior puntuación para os concellos asociados ou resultantes de fusións de dous ou máis municipios, así como para os concellos emprendedores. Tamén se primaron os proxectos que tiveron máis actividades relacionadas coas TIC e coa economía dixital; a relación do proxecto co tecido empresarial do territorio e, nos casos dos obradoiros duais, valorouse o desenvolvemento dun programa de inserción laboral mediante incentivos á contratación laboral durante un mínimo de tres meses a xornada completa.
Os obradoiros de emprego, que comezarán a partir do 30 de setembro deste ano, forman parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral como panca de cambio. Permite, ademais, actualizar a formación para o emprego nun contexto de aparición de novas ocupacións e transformación ou desaparición doutras.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.