A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou onte o porto de Santo Tomé para comprobar o estado de conservación do firme existente na súa contorna e as melloras realizadas nas áreas deterioradas. A máxima responsable do ente dependente da Consellería do Mar durante a súa estadía verificou o resultado das últimas actuacións na zona, entre as que se inclúe a reconstrución de máis de 420 metros cadrados de firme adoquinado que estaba afundido no dique do porto.
A mellora da zona adoquinada do porto de Santo Tomé consistiu na retirada de 420 metros de adoquín, a construción dunha lousa de formigón armado e a reinstalación dos adoquines unha vez limpos. Unha acción que, destacou Susana Lenguas, mellora as condicións de uso desta plataforma portuaria e contribúe ademais á protección do medio ambiente ao empregar nos traballos boa parte do material preexistente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.