Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de agosto de 2019

SEGUE ABERTA A OPERACIÓN CONTRA O NARCOTRÁFICO NO SALNÉS


Segue aberta a operación contra o tráfico de drogas en Galicia. Axentes da Garda Civil detiveron, polo menos, a nove persoas na comarca do Salnés no marco dun operativo desenvolto este luns e que permanece aberto na mañá de hoxe martes. A maioría de arrestados son de nacionalidade española, aínda que polo menos un deles é de orixe colombiana, e considéraselles sospeitosos de integrar unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas en cantidades relevantes. Ademais das detencións, practicáronse rexistros en inmobles de Cambados, Vilanova e Vilagarcía, así como incautación de abundante documentación, diñeiro en efectivo e vehículos, algúns con dobre fondo para camuflar a droga. Entre os nove detidos, atópase Manuel O. G., natural de Vilanova e veciño de Cambados, que estivo relacionado cos inicios da «Operación Campión». O operativo lévano a cabo axentes da Unidade Central Operativa ( UCO) da Garda Civil de Madrid, coa colaboración do Equipo de Investigación Contra o Crime Organizado (ECO) de Galicia. Estas detencións culminarían unha investigación que xa se saldou con arrestos en Valencia e Portugal, onde houbo incautacións de cocaína.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.