O Concello de Cambados ven de remitir a Axencia da Legalidade Urbanística, os informes da Policía Local e do Arquitecto Técnico Municipal por unhas obras sen autorización realizadas en Punta Espiñeiro, zona integrada no espazo intermareal Umia-O Grove.
Segundo explica o Concelleiro de Urbanismo, Xurxo Charlín, a medida adoptouse tras as denuncias feitas por varios veciños que advertían da instalación dun portal de peche nunha finca.
O Concello comprobou que as obras estaban finalizadas, atopábanse en solo rústico de protección de espazos naturais e carecían de licenza municipal.
O Concello comprobou que as obras estaban finalizadas, atopábanse en solo rústico de protección de espazos naturais e carecían de licenza municipal.
Por tal motivo, ao corresponderlle a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a
competencia para a adopción das medidas precisas de protección da legalidade respecto das obras e usos realizados en solo rústico, déuselle traslado a este organismo tanto do Informe da Policía Local como do Arquitecto Técnico Municipal.Tamén se remitiu a información correspondente aos propietarios das fincas así como á Consellería de Medio ambiente para que adopte as medidas oportunas.
Punta Espiñeiro é un dos paraxes naturais máis importantes de Cambados e forma parte da Rede Natura 2000 dentro do Complexo Intermareal Umia-O Grove.
Asimesmo, está afectado polo Plan de Ordenación do Litoral, polo que este tipo de obras precisan das autorizacións previas dos entes autonómicos
Asimesmo, está afectado polo Plan de Ordenación do Litoral, polo que este tipo de obras precisan das autorizacións previas dos entes autonómicos
Info- Arousa Sí Radio Salnés
Fotos- Facebook- Manolo Rubio
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.