Así o asegurou Manso no seu pregón de inauguración da Festa Do Albariño.

Co último día de xullo arrinca unha das datas clave do verán galego: a Festa do Albariño de Cambados. Esta homenaxe ao viño levará a decenas de miles de persoas a gozar ao sol da diversión, a bebida, a comida e os actos preparados para celebrar en Cambados.
Este mércores 31 de xullo arrancou co pregón a 13:00 horas, a cargo de Salvador Cores «Manso», que tivo lugar como os anteriores 4 anos desde o balcón do Consistorio cambadés, e continuou coa apertura dos postos de degustación ás 13:30 horas onde comitiva de autoridades marcou o inicio oficial da Festa cun percorrido por varios stands da D.O Rías Baixas instalados no Paseo da Calzada.
O acto contou coa presenza do conselleiro do Medio Rural, José González, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidente do C. R. Rias Baixas Juan Gil. Concelleiros de Goberno e oposición e outras autoridades. A alcaldesa, Fátima Abal, que exerceu de anfitrioa.
Por diante, cinco días de festa celebrando a internacionalidad da Festa do Albariño, unha cita cos mellores viños da DO Rías Baixas que culminará o domingo coa proclamación dos mellores viños do ano.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.