Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
8 de julio de 2019
REPARTIDAS AS ÁREAS DO GOVERNO BIPARTITO DE CAMBADOS
Despexadas as duas sobre as Áreas que desempeñará cada concelleiro/a do bipartito de Cambados.
Fátima Abal - (PSOE) Persoal, Igualdade e Emprego como ata agora e sumará as áreas de Cultura, Deportes, Educación, Patrimonio, Medio Ambiente e Normalización Lingüística. Ademais da portavocía do governo.
Samuel Lago - (PSOE) Segunda tenencia de alcaldía e as áreas de Obras e Servizos.
Cruz Leiro - (PSOE) Cuarta tenencia de alcaldía e as áreas de Turismo e Enoturismo.
David Mesías - (PSOE) Xuventude.
Tino Cordal - (Somos) Primeiro tenente de alcalde e repite áreas do mandato anterior, Servizos Sociais e Terceira Idade ás que suma Seguridade Cidadá e Mobilidade.
Xurxo Charlín - (Somos) Terceiro tenente alcalde. Economía, Facenda e Industria e asume Urbanismo.
Carolina Aragunde asume Comercio e Promoción Económica, que antes levaba Xurxo Charlín, xunto a Infancia e Novas Tecnoloxías.
O que non se fixo público foron as liberacións nin os soldos e que se desvelarán a máis tardar no pleno do vindeiro luns as 21:00. Tendo en conta que ao non ter maioría o governo local enfróntase a posibilidade de non cobrar soldos durante estes 4 anos. Neste mesmo pleno quedarán designadas as persoas que representarán ao concello de Cambados na Mancomunidade. Fátima Abal e Luís Aragunde serán dous e falta por dilucidar a terceira que seguramente sexa un membro de Somos Cambados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.