Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de junio de 2019

PSOE, SOMOS E BNG TEÑEN UNHA CITA COA HISTORIA DE CAMBADOS


Unha vez se fan oficiais os resultados das elecións locais do pasado 26 de maio é hora de falar. A esquerda ten unha maioría máis que suficiente para governar. Que xa antes se puido ir adiantando traballo?. Non digo nin que non nin que si.

Cando hai vontade de chegar a entendementos o tempo sempre é suficiente.
Pero hai persoas apurando en exceso. Restregando na cara a outros os resultados. Parecen siareiros ríndose dos contrarios cando son vencedores. Cando tes demasiado apuro por chegar a entendementos pode ser por que levas na carpeta esixencias demasiado altas. Algúns comentarios nas redes sociais soan a Pablo Iglesias repartindo ministerios. Outros van na línea de lembrar o peso que cada quen debe ter no próximo governo. Algo que non recordou hai catro anos.
Cando hai egos nunha negociación chégase tarde ou cedo ao fracaso ou rotura. Os egos deben quedar trala porta do despacho, sala ou habitación onde se vai negociar.


Polo de pronto todos están de acordo con que o líder da forza de esquerda máis votada debe ser o alcalde ou neste caso alcaldesa. Este é o primeiro punto do acordo. A partir de aí xa todo debe ser sinxelo. 

As tres forzas están chamadas ao entendemento. De non ser así dentro de 4 anos volverían as tebras e non marcharían nunca máis.

Veñen por diante 4 anos para facer cousas moi positivas por Cambados e @s cambades@s e desterrar dunha vez por todas as mafias que estiveron mangoneando o concello coma si fora a súa propiedade.
Queren PSOE, SOMOS ou BNG que esto aconteza?

Nin eles nin os seus votantes queremos volver a "dictadura democrática" que padecemos durante 28 anos.




1 comentario:

Xesús dijo...

Concordo co texto, aghora ben non se pode partir nin de apriorismos impositivos, nin de esixencias non razoables, a lealdade ten q ser recíproca e a xenerosidade tamén pero non ser pode esixir un cheque en branco a ninguen.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.