Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
8 de junio de 2019
O CONCELLO DE CAMBADOS RECIBE UN GALARDON POLO NÚMERO DE DOAZÓNS DE SANGUE REALIZADAS
O próximo día 14 de Xuño, coincidindo co día mundial do doador de sangue, a Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, recollerá en Santiago de Compostela esta meritoria distinción que outorga a Consellería de Sanidade, por medio da Axencia Galega de Doazóns de Sangue.
Con este acto ven a recoñecerse a solidaridade e contribución dos veciños e veciñas de Cambados na doazón de sangue, que destaca entre municipios de toda Galicia, e do propio Concello pola súa contribución nas campañas de Doazón. Fátima Abal quere aproveitar a ocasión para amosar o seu orgullo pola actuación dos cambadeses e cambadesas e ao mesmo tempo agradecerlles a súa colaboración e anímalos a seguir colaborando de xeito altruísta en salvar vidas alleas, así como reafirmar o compromiso do Concello de Cambados nesta tarefa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.