Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de mayo de 2019

SOMOS CAMBADOS PROPÓN AMPLIAR O HORARIO DA BIBLIOTECA E DA OMIX MUNICIPAL



Esta medida proposta pola mocidade pretende solucionar unha demanda dos estudantes de Cambados e mellorar o asesoramento xuvenil municipal. Somos Cambados ven de presentar varias propostas para a mocidade que se van incluír no Programa de Goberno, e que van ser explicadas nas redes sociais a través dun vídeo por Lledó Ambrós e Marcos Daporta, os integrantes máis mozos da lista electoral de Somos Cambados. Dende Somos Cambados somos conscientes de que a xuventude precisa un lugar adecuado para estudar, e que estes locais deben ter uns horarios que se adecúan as súas necesidades, por iso unha das propostas realizada pola mocidade e que vamos a incluír no Programa de Goberno de Somos Cambados vai ser a ampliación do horario da Biblioteca Municipal. Non pode ser que un Sábado pola tarde, cando moitos dos mozos universitarios volven as casas dos seus pais polo fin de semana, atopen a biblioteca pechada, e máis se cadra se agrava este problema na época de exames.
Para que se solvente este problema, os mozos de Cambados, tamén nos propuxeron que nas épocas onde se demande maior espazo na Biblioteca municipal, se abra temporalmente unha zona de estudio no edificio da Merced, xa que moitos destes mozos precisan dun espazo para poder estudar nunha zona tranquila, mentres que, os edificios municipais atópanse pechados. O que provoca que en época de exames moitos mozos non poidan volver os fins de semana as casas dos seus pais e visitar as súas familias, tendo que quedar en Santiago ou Vigo onde si abren as bibliotecas e se reforza o seu horario nas épocas de maior afluencia. Por ultimo, outra das propostas que se van incluír no Programa de Goberno de Somos Cambados, vai ser a da apertura polas tardes da oficina de municipal de información xuvenil (OMIX) que se atopa no edificio da Merced. Xa que non ten sentido que esta oficina teña un horario de atención ao público de 9:30 a 14;30 horas de Luns a Venres, xa que nese horario non poden acudir ningún mozo que este estudando por que coincide co seu horario lectivo, e si teñen que facer calquera xestión nese centro teñen que faltar a clase para poder realizala.
Somos Cambados recibe preto de 40 propostas dos veciños para o Programa de Goberno Somos Cambados recibiu a través da súa paxina web preto de 40 propostas dos veciños de Cambados para a elaboración do seu Programa de Goberno, estas propostas van ser valoradas e incluídas na meirande parte dentro do Programa, propostas que son bastantes diversas, dende a dotación e mellora de infraestruturas municipais, ata a organización da festa do Albariño, ou a mellora e a eficiencia da xestión municipal e a promoción do comercio e da hostalaría local. Dende Somos Cambados valoramos moi positivamente o proceso de consulta aos veciños do noso Programa de Goberno que remata no día de hoxe, e queremos salientar que Somos Cambados foi a única organización política que deixou participar directamente aos veciños na elaboración do seu Programa. Por que dende Somos Cambados entendemos como algo básico a participación veciñal na política e xestión municipal, e que esta non só pode depender das cúpulas e dirixentes dos partidos tradicionais.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.