Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de mayo de 2019

PROPOSTA TURÍSTICO CULTURAL DO BNG: POSTA EN VALOR DO PATROMINIO ARTÍSTICO E ETNOGRÁFICO MUNICIPAL


PROPOSTA TURÍSTICO CULTURAL BNG: POSTA EN VALOR DO PATROMINIO ARTÍSTICO E ETNOGRÁFICO MUNICIPAL


Cambados é unha vila con moitísimas posibilidades, onde os sectores primarios, mar e agro, son os principais e con maior repercusión sobre a economía cambadesa, seguido do  sector turístico que, no caso de Cambados, é un dos que aínda ten unha grande posibilidade de diversificación e crecemento.

As persoas que visitan Cambados fano por diversas razón e entre elas está o noso patrimonio histórico-artístico e cultural;  un campo de desenvolvemento que aínda lle queda moito por ofrecer, tanto ós visitantes como ós propios veciños e veciñas de Cambados. Neste sentido é polo que o BNG propón unha serie de actuacións a nivel do noso patrimonio arqueolóxico e etnográfico encamiñadas ó seu descubrimento e divulgación pública. Propoñemos unha serie de actuacións cuxo obxectivo é a procura da diversificación turística que neste caso potenciará claramente a chamada desestacionalización; o turismo coma un recurso económico permanente e regular.
Con esta perspectiva, o BNG achega un documento onde se propoñen unha serie de actuacións que se poderán ir desenvolvemento ó longo do tempo e que buscan a potenciación do noso patrimonio como atractivo para o incremento do turismo cultural no Concello de Cambados.

Propostas para a investigación, conservación e posta en valor


de elementos patrimoniais no Ilmo. Concello de Cambados

Intervención no Castro de Sete Pías, Castro da Pastora e San Sadurniño

Xeralmente enténdense “intervir” nun castro como a realización dunha escavación arqueolóxica. Pero cómpre evitar que os monumentos arqueolóxicos se convertan nunha mina económica para as empresas, esquecendo a investigación e aposta en valor do patrimonio.

En toda intervención deberían levarse a cabo os seguintes pasos:

1. Investigación do monumento ou xacemento: un proxecto de investigación é a base idónea para calquera actuación arqueolóxica. É necesario saber onde se vai intervir, a súa historia, evolución ó longo do tempo, a ocupación poboacional, a vinculación co entorno e os distintos edificios que o configuran. A información pode extraerse de bibliografía
existente, pero tamén de arquivos históricos, para os que será necesario contratar a un investigador versado. As fotografías antigas serán moi útiles para ver os cambios producidos no último século nos xacementos, sobre todo tendo en conta o crecemento poboacional (Sete Pías e Pastora) e a subida do nivel do mar (San Sadurniño).

2. Posta en valor do lugar: Este paso pode levarse a cabo antes de despois da intervención arqueolóxica. Deste xeito verase a evolución da paisaxe e do entorno. A poboación observará os cambios efectuados, pero tamén quedará constancia dos antes e dos despois. Pode apoiarse ademais nas mencionadas fotografías antigas, para que o público sexa consciente de que as transformacións xa se levan producindo durante moitas décadas, e que as escavacións non sexan vistas como una “destrución” da paisaxe, senón como un paso máis na vida do xacemento.

3. Intervención arqueolóxica: coa investigación previa na man pode elaborarse un proxecto de escavación dos distintos lugares. En San Sadurniño ata agora so se fixeron traballos de mantemento para evitar a destrución dos restos. Pero a subida do nivel do mar acabará por facelo desaparecer como no caso de Areoso. No Monte da Pastora non se fixeron ningún tipo de actuacións e tampouco hai condicionantes que preferencien as zonas de sondaxe agás a arboleda. Nestes dous casos sería preferible unha primeira fase de sondaxes, polo que os custos serían menores. De este modo pódese realizar una valoración preliminar dos xacementos e obter suficiente información para a súa posta en valor.

En Sete Pías o idóneo sería limpar as vivendas xa escavadas e promover un acordo entre os tres concellos, Cambados, Vilanova de Arousa e Ribadumia, para levar a cabo unha escavación conxunta. Neste caso xa hai unha actividade previa, polo que se poden descartar as sondaxes e proceder a una escavación en área e previndo unha segunda fase de restauración.

4. Divulgación e posta en valor: Tódalas fases previas carecerán de sentido se non se pon en valor e se divulgan os estudos. Durante as intervencións arqueolóxicas deberán realizarse visitas guiadas na final das escavacións para que a veciñanza e todos os que estean interesados coñezan os seu propio patrimonio. Sería interesante que, de producirse en época escolar, os estudantes acudisen a ver os traballos, tendo en conta que os tres xacementos mencionados están preto do núcleo urbano e a proximidade dos centros escolares.

Pode ademais solicitarse que se retrase o tapado das sondaxes para que na fin de semana se organice unha visita guiada. No caso de Sete Pías, si se procede coa restauración, pode programarse esta actividade con maior liberdade.

Para unha maior difusión dos estudos pode crearse unha páxina web, blogue ou páxina de facebook onde dar a coñecer a labor realizada durante a intervención. Ademais, pode pedirse a colaboración cos medios de comunicación da comarca para a publicación de pequenas reportaxes divulgativas.
Como colofón das sondaxes pódese programar unha conferencia de presentación de resultados, para que o interesados e veciños coñezan os descubrimentos e os estudos realizados en gabinete ás pezas atopadas.

Se os tres concellos colaboraren en Sete Pías poderíase promover unas Xornadas de Arqueoloxía en torno a este castro, na que non só se falase da intervención, senón que se invitasen a outros estudosos para poñelo en relación coa provincia e castros galegos. Non se pode esquecer a labor realizada pola Deputación de Pontevedra nos Xacementos Galicorromanos nos últimos anos.
Tras as sondaxes ou unha escavación sistemática o ideal é dar a coñecer in situ as labores realizadas e a información obtida. Para, de iso poden instalarse paneis informativos que acheguen ó visitante á historia do lugar. No caso de que se leven a cabo unhas sondaxes valorativas debe contemplarse a posibilidade de si se vai continuar coas escavacións ou non antes de colocar a información.

Promoción do patrimonio monumental e etnográfico

Cambados conta con un gran patrimonio pouco ou case nada investigado cientificamente.

Pazos e casonas: Son os máis coñecidos e divulgados. O seu estudo pode profundarse, establecendo as relacións entre as distintas familias, momentos de esplendor e decadencia de cada casa, etapas construtivas e o crecemento da vila e núcleos rurais en torno a eles.

Telleiras: foros intervidas, con maior ou menos sorte, pero escasamente estudadas. Pode ser interesante investigar como xorden, a súa expansión ó longo da costa cambadesa, paralelismos con telleiras doutros lugares, como afectan á economía do lugar e a súa decadencia no século XX.

Hórreos: Cambados conserva un importante número de hórreo no seu territorio, algúns deles propios dos pazos espallados polo concello. Cómpre facer un estudo rigoroso deste elemento tan característico do mundo rural galego e dos distintos tipos que se atopan nas distintas parroquias.

Pombais: Vinculados ós pazos, consérvanse exemplos destacables e están moi pouco investigados.

Heráldica: esta ciencia está moi vencellada á xenealoxía. Nos pazos e casas de Cambados hai moitos brasóns embutidos nos seus muros que poden complementar a información que xa se ten sobre a historia do pobo.

Muíños: son oito os conservados en Cambados, pero so se presenta atención ó Muiño de Mareas. Este elemento etnográfico, moi explotado en lugares como Meaño e Meis, merece un estudo en profundidade, non só polo seu carácter histórico, senón polo impacto
económico e social que tiveron na sociedade.

Cruceiros: máis numeroso é este grupo, pois contabilízanse trinta e oito cruceiros no concello de distintas épocas. Destinados a marcar os cruces de camiños, as entradas dos pazos ou lugares singulares, teñen non so un compoñente relixioso, senón social, etnográfico e, ás veces, incluso supersticioso.

De todos este elementos pode realizarse un catálogo actualizado, con boas fotografías e información fiable, non só de un elemento, senón de varios. Pero tamén se poden facer investigación que poña en valor cada un dos grupos, pois teñen entidade suficiente por si mesmos.

Outra opción é aglutinalos pola súa vinculación cos pazos, sobre todo os cruceiros, hórreos e pombais, pero tratando de non dar demasiado peso ó pazo e desprestixiar os elementos etnográficos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.